Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22960

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e ordinario, dun acordo marco de subministración sucesiva de válvulas aórticas percutáneas para cardioloxía intervencionista (expediente MS-GLR1-14-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Económico-Administrativa. Subdirección de Compras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: edificio administrativo do Sergas, San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Correo electrónico:

cristina.martin.fragueiro@sergas.es e sara.suarez.fernandez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: MS-GLR1-14-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: acordo marco de subministración sucesiva de válvulas aórticas percutáneas para cardioloxía intervencionista.

c) División por lotes/partidas e número: 01.

d) Lugar de execución/entrega: almacén de Galaria. Hospital do Meixoeiro.

1º. Domicilio: Hospital do Meixoeiro, s/n.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36200.

e) Prazo de execución/entrega: 1 ano, desde a data de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33182220-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Valor estimado do contrato: 267.495 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 267.495 €.

b) Importe total (10 % IVE incluído): 294.244,50 €.

6. Garantía exixida: definitiva: si (5 % do importe de licitación de cada lote/partida, excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de condicións xurídicas.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficinas centrais de Galaria.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, 3ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Enderezo electrónico: sara.suarez.fernandez@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil do contratante www.sergas.es.

b) Dirección: oficinas centrais de Galaria en Santiago de Compostela. Edificio administrativo do Sergas.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: ver pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso):

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Presidenta do Consello de Administración de Galaria,
Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.