Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de deseño, desenvolvemento e implantación do arquivo dixital da Administración pública de Galicia (expediente 88/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 88/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de deseño, desenvolvemento e implantación do arquivo dixital da Administración pública de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 630.000,00 €, máis 132.300,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 762.300,00 € (setecentos sesenta e dous mil trescentos euros), distribuíndose nas seguintes anualidades:

• 2014: 315.000,00 € + IVE (66.150,00 €) = 381.150,00 €.

• 2015: 315.000,00 € + IVE (66.150,00 €) = 381.150,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Domicilio: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20443

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 4.6.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Domicilio: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 12.2.2014.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 6.5.2014.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia