Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0001/2014-PRE e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio dos expedientes PSC-FE-0001/2014-PRE, PSC-FE-0008/2014-PPM, PSC-FE-0011/2014-PPM e PSC-FE-0016/2014-PPM.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avenida Ramón Canosa, s/n, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 6 de maio de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0001/2014-PRE.

Persoa interesada: Aquilino Gamallo Cartelle.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Castelao, 12, D, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0008/2014-PPM.

Persoa interesada: Víctor Manuel Díaz García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida 19 de Febreiro, blq. 5, portal 1, baixo dta., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-00011/2014-PPM.

Persoa interesada: Bruno Couce Vila.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida de Redes, 1, Ares.

Expediente: PSC-FE-00016/2014-PPM.

Persoa interesada: Miguel Suárez Álvarez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Armada Española, 22, 11º D, Ferrol.