Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2014/45).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC, RBT Pousada-Viós.

Situación: concello de Abegondo.

Obxecto: mellorar a calidade de subministración de enerxía eléctrica nos lugares da Poceira, Novela, O Souto, A Rigueira e Viós.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitucle de 0,308 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo que se realizará en apoio existente n° 46 da LMT aérea CES-705, tramo entre a derivada ao CT Viós (expediente 35.025) e a derivada ao CT Presedo (expediente 35.025), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×95 Al), e final no CT Pousada-Viós (proxectado).

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Saída rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,036 km, coa orixe no CT Pousada-Viós (proxectado), condutor tipo XZ1.

– Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,220 km, coa orixe no CT Pousada-Viós (proxectado), condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 28 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Local

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados do termo municipal de Abegondo

Propietarios

Nº predio proxecto

Lugar

Cultivo

Concello

Apoio

Afección soterrada

Afección soterrada

Herdeiros de José María Etcheverría López e Eduardo Etcheverría Rey

1

Pousada

Prado

Abegondo

Paso aéreo/soterrado

9.0 m2

3.0 ml

9.0 m2