Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se fai público o Acordo da Conferencia Sectorial de Comercio Interior, do 11 de marzo de 2014, polo que se efectúa a convocatoria para o ano 2014 e se establece o procedemento para a concesión de préstamos con cargo ao Fondo Financeiro do Estado para a Modernización do Comercio Interior.

De conformidade co establecido no Real decreto 1786/2009, do 20 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 8 de decembro), polo que se regula a iniciativa de apoio financeiro á modernización e mellora do comercio interior, modificado polo Real decreto 404/2013, do 7 de xuño, así como no artigo 7.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, anúnciase a publicación no Boletín Oficial del Estado núm. 116, do 13 de maio, do Acordo do 11 de marzo de 2014, da Conferencia Sectorial de Comercio Interior, polo que se efectúa a convocatoria para o ano 2014 e se establece o procedemento para a concesión de préstamos con cargo ao Fondo Financeiro do Estado para a Modernización do Comercio Interior.

O prazo para a presentación de solicitudes é de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes presentaranse en calquera oficina das entidades de crédito adheridas á liña de mediación ICO-Comercio interior 2014 do Instituto de Crédito Oficial, dispoñible na súa web (http://www.ico.es).

O texto completo do acordo pódese consultar no Boletín Oficial del Estado núm. 116, do 13 de maio de 2014, páxinas 37623 a 37633.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio