Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2014/58-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Ganadería Casa de Neira, S.C.

Domicilio social: lg. de Sestos, 3, O Sisto, 36000 Dozón.

Denominación: LMTA, CT para granxa en Sestos (O Sisto).

Situación: Dozón.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 491 metros de lonxitude, con orixe nun apoio existente na LMT LAL811 rodeiro de Unión Fenosa Distribución, S.A., en Sestos, e final no CT proxectado. Centro de transformación, intemperie en apoio de formigón, a 50 kVA con RT 20 kV/400 V, para subministración a unha granxa situada en Sestos, O Sisto, Concello de Dozón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra