Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de abril de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización do control de calidade das verificacións administrativas e das verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828 relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013. O importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 %, no eixe 5, asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86.

Advertidos erros na Resolución do 30 de abril de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 86, do 7 de maio de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario e na páxina 20797, onde di: «O importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 %, no eixe 5, asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86», debe dicir: «O importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 %, no eixe 5, asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 85».