Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 6 de maio de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36R001/33/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, 7, 1º, Edificio Las Palmeras, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de maio de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001/33/2013.

Interesada: Obrastone, S.L.

CIF: B36455160.

Acto notificado: resolución de expediente.