Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 9 de maio de 2014, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización da poxa pública de bens/dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 11 de abril de 2014, infórmase de que o día 26.6.2014, ás 10.00 horas, no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de compra do rocho nº 14 sito na rúa Varela Sivari, nº 4, andar de soto, porta -3, na cidade da Coruña. De superficie útil de 2 metros e 50 decímetros cadrados. Predio 94183/14S3T Rexistro da Propiedade da Coruña 1.

1.239,38

0,00

1.239,38

100,00

2

50 % do pleno dominio por título de liquidación de gananciais e herdanza da vivenda, piso segundo B, dun edificio sito entre a rúa Real e da Mariña, da vila de Muxía, sen número de goberno. Ten unha superficie útil de 77 m2. Predio 14858 Rexistro da Propiedade de Corcubión.

35.123,56

563,00

34.560,56

100,00

3

40 % do pleno dominio do solo sen edificar, obras de urbanización e xardinaría, sito na avenida República Arxentina, nº 26, no concello de Oleiros. De superficie de 4.461 m2. Linda ao norte coa rúa República Arxentina, ao sur co predio propiedade de Esperanza Pan Siso; ao leste co predio propiedade de Enrique Longueira Naya e co predio propiedade de Daniel Zapata Candamio; ao oeste co predio propiedade de Carmen López Botana, co predio propiedade de Ángel López Buño e ao suroeste co predio propiedade de María Teresa López Vilaseco. Predio catastral nº 4005210NJ5040N0001AY.

57.113,00

0,00

57.113,00

100,00

4

Vivenda sita na rúa San Pedro de Mezonzo, nº 17, piso sexto, porta F, en Santiago de Compostela, con 84 metros de superficie construída e número de referencia catastral 7071821NH3477A0041IF. Predio número 3313 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

123.732,00

0,00

123.732,00

100,00

5

Praza de garaxe, número 89, sita no soto segundo, cunha superficie construída de 24,82 m2, sita en Milladoiro, concello de Ames, edificio Milladoiro II, nº 8-10 da rúa Agro da Vella. Predio 35531 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

9.000,00

0,00

9.000,00

100,00

6

Praza de garaxe, número 53, sita no soto primeiro, cunha superficie construída de 24,82 m2, sita en Milladoiro, concello de Ames, edificio Milladoiro II, nº 8-10 da rúa Agro da Vella. Predio 35561 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

10.000,00

0,00

10.000,00

100,00

7

Local dedicado a rocho, sito no soto primeiro do edificio Milladoiro II, nº 8-10 da rúa Agro da Vella, en Milladoiro, concello de Ames, cunha superficie útil de 24,75 m2. Predio número 37151 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

9.567,85

0,00

9.567,85

100,00

8

Rocho número 1, en andar de soto primeiro, sito nun edificio no nº 51 da rúa Baliño de Santiago de Compostela, cunha superficie útil de 17,05 m2. Predio 43978 do Rexistro número 1 de Santiago de Compostela.

8.754,66

0,00

8.754,66

100,00

9

Praza de garaxe número 7 B, en andar de soto primeiro, sita nun edificio no nº 51 da rúa Baliño de Santiago de Compostela, cunha superficie construída con parte proporcional de elementos comúns de 27,13 m2. Predio 43982 do Rexistro número 1 de Santiago de Compostela.

12.025,10

0,00

12.025,10

100,00

10

Praza de garaxe número 10, en andar de soto primeiro, sita nun edificio no nº 51 da rúa Baliño de Santiago de Compostela, cunha superficie construída con parte proporcional de elementos comúns de 27,13 m2. Predio 43988o Rexistro número 1 de Santiago de Compostela.

12.025,10

0,00

12.025,10

100,00

11

Praza de garaxe número 12, en andar de soto primeiro, sita nun edificio no nº 51 da rúa Baliño de Santiago de Compostela, cunha superficie construída con parte proporcional de elementos comúns de 27,13 m2. Predio 43994 do Rexistro número 1 de Santiago de Compostela.

12.025,10

0,00

12.025,10

100,00

12

Praza de garaxe número 94, sita no soto segundo, cunha superficie construída de 24,82 m2, sita en Milladoiro, concello de Ames, edificio Milladoiro II, nº 8-10 da rúa Agro da Vella. Predio 35535 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

9.000,00

0,00

9.000,00

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 9 de maio de 2014

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña