Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ref. LMT BAL703-CT Castrelos actuación 1.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor TIP RHZ de 1.017 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Clara Campoamor 8 (36SWL4) e final no centro de transformación A Corredoura-Castrelos tras realizar entrada e saída no centro de transformación Castrelos-A Igrexa (36S649). A instalación está situada na zona do Camiño A Corredoura, Castrelos, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 25 de abril de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra