Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22532

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Axencia Estatal de Administración Tributaria

ANUNCIO de adxudicación directa, da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial de Galicia, pola que se poxa gasóleo de tipo C.

A xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial da Axencia Estatal da Administración Tributaria de Galicia fai saber que, de conformidade co disposto no artigo 107.1.B do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, a delegada especial da Axencia Estatal da Administración Tributaria de Galicia ditou acordo con data do 29 de abril de 2014 nos cales se decreta o alleamento, mediante adxudicación directa, dos bens que se detallan na relación de bens que se van poxar, incluída neste anuncio como anexo I. As ofertas, en sobre pechado e dirixidas á xefa da Dependencia Rexional de Recadación, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 ás 14.00 horas do período comprendido entre as datas do 9 de xuño de 2014 e 13 de xuño de 2014.

En cumprimento do citado artigo 107.8 e 101.4 do Regulamento xeral de recadación, publícase este anuncio e infórmaselles as persoas que dexesen participar na poxa do seguinte:

Primeiro. Os bens que se van poxar son 2.249 litros de gasóleo C. A venda destes combustibles estará suxeita a todas as normas, cargas e impostos que rexen o comercio deste tipo de produtos.

Estes bens alléanse polo trámite de adxudicación directa previsto no artigo 107.1.b) do Regulamento xeral de recadación nun prazo máximo de seis meses.

O prezo de referencia dos bens obxecto da presente adxudicación é o seguinte:

– Gasóleo C: 2.249 litros × 0,55606 €/litro=1.250,58 €.

Se as ofertas non alcanzan o prezo de referencia poderanse adxudicar os bens sen prezo mínimo.

Segundo. Poderán tomar parte como licitadores nesta poxa todas as empresas con título de operador por xunto de produtos petrolíferos segundo o Real decreto 2487/1994, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 21 de xaneiro de 1995). A representación deberá acreditarse mediante escritura orixinal ou copia cotexada desta.

Os licitadores deberán presentar as súas ofertas en sobre pechado entre os días 9 de xuño de 2014 y 13 de xuño de 2014 desde as 9.00 ata as 14.00 horas. As poxas deben ir dirixidas á xefa da Dependencia Rexional de Recadación, que consistirán nun único prezo por cada lote que se vai poxar, serán presentadas no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, facendo constar no exterior do sobre os datos identificativos dela. No sobre incluiranse, ademais da oferta e do depósito constituído conforme o punto número terceiro, os datos seguintes: nome e apelidos ou razón social, número de identificación fiscal e domicilio do licitador e do seu representante; orixinal ou copia cotexada das escrituras de constitución da sociedade e dos poderes do representante; acreditación de estar dado de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos; cheque do depósito (por cada lote).

As ofertas realizaranse independentemente por cada lote.

Terceiro. Todos os licitadores achegarán coa súa poxa un depósito para cada lote. O importe do depósito para cada un dos lotes está determinado na relación de bens que se van poxar incluída neste anuncio.

O depósito deberá constituirse mediante un cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación.

Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, este depósito quedará á disposición da Administración actuante.

Cuarto. Finalizado o prazo de presentación de poxas, en sesión reservada abriranse as poxas presentadas, e procederase á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión do prazo para presentación de novas poxas, ou mellorar as xa existentes, sen prexuízo da validez das poxas presentadas ata ese momento e así sucesivamente, con límite total de seis meses.

Salvo indicación expresa en sentido contrario, as ofertas presentadas terán validez durante os seis meses do trámite da xestión directa.

A adxudicación realizarase á mellor poxa recibida, dentro dos prazos establecidos, para cada lote.

Quinto. O adxudicatario deberá ingresar na data da adxudicación, ou no prazo dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

Sexto. O prezo de adxudicación non inclúe os impostos indirectos que gravan a transmisión dos bens. Todos os gastos e impostos derivados da transmisión serán por conta do adxudicatario. Os impostos especiais correspondestes ao produto devindicaranse ao abandono do réxime suspensivo acorde co estipulado polo artigo 7 da LIE.

Noveno. Para todo o non previsto neste anuncio observarase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

A Coruña, 29 de abril de 2014

M. Monserrat Casal Bascoy
Xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Axencia Estatal
de Administración Tributaria de Galicia

ANEXO 1
Relación de bens en adxudicación directa

Xulgado Central de Instrución número 4 da Audiencia Nacional.

Dilixencias previas do procedemento abreviado 56/2011.

Por Auto do 11 de abril de 2012 acordouse o embargo dos bens obxecto do presente anuncio de alleamento:

– Adxudicación directa nº A2014R158600200901.

Lote 1:

Descrición: 2.249 litros de gasóleo C, que se atopan almacenados indiferenciadamente nas instalacións da Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (NIF A28018380).

Tipo de licitación: 1.250,58 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado poderanse adxudicar sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituir (5 % tipo): 62,53 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Apertura de ofertas: a apertura das ofertas efectuarase no prazo máximo de dez días naturais, que se contarán desde o día despois ata a finalización do prazo de presentación.

Pagamento do prezo de adxudicación: o pagamento do prezo polo adxudicatario deberá realizarse no prazo máximo de 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación.