Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración de diverso material informático para os centros da Xunta de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 68/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 68/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores e impresoras para os distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) División por lotes e número: sí, dous.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de catro meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.612.000,00 €, máis 338.520,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.950.520,00 €, que se distribúen segundo os lotes:

– Lote 1: adquisición de ordenadores completos (con pantalla). 1.400.000,00 € + IVE (294.000,00 €) = 1.694.000,00 €.

– Lote 2: adquisición de impresoras. 212.000,00 € + IVE (44.520,00 €) = 256.520,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20533

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 23.6.2014, segundo o artigo 159 do texto de refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da AMTEGA.

2. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaias, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 14 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia