De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificáselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio dos expedientes PSC-PO-0179/2014-PPM, PSC-PO-0182/2014-PPM, PSC-PO-0186/2014-PPM, PSC-PO-0193/2014-PPM e PSC-PO-0199/2014-PPM.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
Vigo, 5 de maio de 2014
Manuel Lago Molares
Instrutor
ANEXO
Expediente: PSC-PO-0179/2014-PPM.
Persoa interesada: José Héctor Salamanca Vidal.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Fontiñas, 13, Praia América, Nigrán.
Expediente: PSC-PO-0182/2014-PPM.
Persoa interesada: Sergio Boubeta Malvido.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Cela, 1, BC, Cangas.
Expediente: PSC-PO-0186/2014-PPM.
Persoa interesada: Juan José Durán Domínguez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Paseo Marítimo Panxón, 19, baixo A, Nigrán.
Expediente: PSC-PO-0193/2014-PPM.
Persoa interesada: Javier Pérez Álvarez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Os Muros, 3, Pinzás, Tomiño.
Expediente: PSC-PO-0199/2014-PPM.
Persoa interesada: José Manuel Bande Sanmiguel.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: O Espiñeiro, 2, 5º C, Vigo.