En sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día sete (7) de xuño de 2014, nas aulas A e C da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014
Víctor Martínez Lago
Presidente do tribunal