Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 30 de abril de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0259/2013-LSA.

Denunciado: Roberto do Rego Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0301/2013-VNA.

Denunciado: Gabriel Fernández Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0023/2014-IA.

Denunciado: Rafael Calviño López.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0024/2014-IA.

Denunciado: Javier Besada Pereira.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: ICA-PO-0022/2014-U.

Denunciada: Josefa Colmenero Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.