Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva dos elementos, dispositivos e actividades necesarias que garantan a instalación dunha rede multiservicio, a instalación do sistema de cableado estruturado (SCE), e a comprobación (auditorías), das infraestruturas de cableado estruturado existente (MS-SER1-14-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 16.6.2014.

d) Número de expediente: MS-SER1-14-028.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva dos elementos, dispositivos e actividades necesarias que garantan a instalación dunha rede multiservizo, a instalación do sistema de cableado estruturado (SCE), e a comprobación (auditorías), das infraestruturas de cableado estruturado existente.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 36 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 31711000-3.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B).

Oferta técnica.

• Características dos sistemas de cableado estruturado propostos.

• Características dos materiais propostos.

• Características dos armarios propostos.

Plan de traballo.

• Modelo de seguimento.

• Metodoloxía da instalación.

Criterios valorables de forma automática (sobre C).

Oferta económica (prezo).

Horas de auditoría.

0-50 puntos

0-30 puntos

0-15

0-10

0-5

0-20 puntos

0-10

0-10

0-50 puntos

0-40 puntos

0-10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 2.183.420,84 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.364.638,02 euros. Importe total: 1.651.212 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 16.6.2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora:

– A apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

– A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver punto 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.4.2014.

12. Outras informacións: ver punto 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos