Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente IN635B 2012/191-2 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 5 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN635B 2012/191-2.

Interesada: Construcciones Eijo Rego, S.L.

Último domicilio coñecido: rúa do Cobo, 1, San Cibrao, Lugo.

Acto notificado: resolución.

Expediente: IN635B 2013/304-2.

Interesado: Amado Fernández Bernedo.

Último domicilio coñecido: rúa Profesor Otero Pedrayo, b 3, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.

Expediente: IN635C 2013/149-2.

Interesada: comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: rúa Magnolia, 35, Lugo.

Acto notificado: proposta de resolución.