Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter o Plan especial de protección do predio Altos de Torona, concello de Tomiño, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 28 de abril de 2014 de non someter o Plan especial de protección do predio Altos de Torona, concello de Tomiño, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1633/2014.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental