Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22116

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 8 de maio de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto en na II.1.1.1.,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas, anúlase as preguntas 3 e 85, pasan a ocupar o seu posto as preguntas de reserva 101 e 102 e desestímanse o resto das alegacións.

Segundo. De acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos; fixáronse en cincuenta (50) o número de respostas correctas para lograr a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal