Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21905

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2014, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Agader

Convenio entre Agader e a EGAP para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

Regular a participación do persoal de Agader nas actividades da EGAP colaborar para desenvolver actividades de carácter formativo, divulgador e investigador

3.1.2014

Sen achega económica

Convenio entre Agader e o Banco Etcheverría, S.A. sobre o financiamento dos programas Leader e Dinamizadores

Instrumentar liñas de financiamento a xuros preferentes vinculados aos programas Leader e Dinamizadores

2.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre Agader e o Inega para o financiamento da convocatoria de axudas a proxectos térmicos de biomasa

Coordinar actuacións no campo do aproveitamento da biomasa forestal mediante a tramitación dunha liña de subvencións

17.3.2014

9.324.009 €