Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO polo que se prorroga o período de información pública do PXOM.

O Pleno do Concello de Vilasantar en sesión do día 9.5.2014 acordou prorrogar o período de información pública do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), aprobado polo mesmo pleno na sesión do 19.2.2014, por un novo prazo de 15 días hábiles que empezará a contar desde a data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vilasantar, 9 de maio de 2014

Fernando Pérez Fernández
Alcalde