Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21971

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (857/2012).

Eu, Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por este edicto anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Mafari Café, S.L. fronte a Tiquet, S.C. e Enrique Manuel Pereira Pena, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 43/2014.

Pontevedra, 24 de marzo de 2014.

Eu, Fernando Campoamor Nuero, xuíz de apoio ao xuíz de adscrición territorial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, provincia de Pontevedra, viu os autos de xuízo ordinario 857/2012, de resolución de contrato e reclamación de cantidade, nos cales aparecen como demandante Mafari Café, S.L., representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e asistida polo avogado José Cuiñas Rodríguez, e como demandados Tiquet, S.C. e Enrique Manuel Pereira Pena, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estimo integramente a demanda formulada pola representación de Mafari Café, S.L. contra Tiquet, S.C. e Enrique Manuel Pereira Pena, e en consecuencia:

Declaro resolto o contrato subscrito entre as partes o 29 de novembro de 2010.

Condeno a Tiquet, S.C. e a Enrique Manuel Pereira Pena a pagarlle, solidariamente, a Mafari Café, S.L., a cantidade de 11.326,96 euros polos conceptos referidos no fundamento terceiro desta resolución.

Con imposición de custas a Tiquet, S.C. e a Enrique Manuel Pereira Pena.

(…)».

E atopándose os ditos demandados, Tiquet, S.C. e Enrique Manuel Pereira Pena, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial