Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto de insolvencia (ETJ 52/2014).

Demandante: Manuel Peña Pérez.

Avogada: Natalia Erviti Álvarez.

Demandada: Esabe Vigilancia, S.A.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 52/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Peña Pérez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. sobre ordinario, foi ditado auto e decreto con data do 22.4.2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do decreto:

Acordo:

a) Declarar a executada Esabe Vigilancia, S.A. en situación de insolvencia total polo importe de 4.552,33 euros en concepto de principal (4.217,44 euros de indemnización +334,89 euros de xuros de demora) en concepto de principal, máis 200 euros de honorarios da letrada do executante e máis outros 455,23 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Que se procede á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 no banco Santander, indicando no campo do concepto «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

A secretaria xudicial