Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2013/43-2, 8127 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Funeraria Recafer, S.L.

Domicilio social: rúa As Pontes, 21, 27800 Vilalba.

Denominación: LMTS, CTC e RBT para subministración eléctrica en novo tanatorio.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

– Canalización eléctrica de media tensión para cesión á compañía distribuidora, con orixe no CT proxectado e final en canalización existente de media tensión, cunha lonxitude de 10 metros.

– CT en edificio non prefabricado cunha potencia inicial de 315 kVA, unha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, no cal se instalan cinco celas de liña, unha de acoplamento e unha de protección.

– RBT subterráneas formadas por catro circuítos, con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado e final nas RBT existentes, en condutor tipo RV-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo