Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de abril de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se procede á notificación dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia das persoas interesadas.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícanselles ás persoas interesadas, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, os requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitados ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Tendo en conta o sinalado no artigo 10.4º do Decreto 1/2010 e 71.1º da Lei 30/1992, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren, se darán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

Ourense, 22 de abril de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Morela Bernal Sosa.

Rúa do Picouto, 14, 1º B, 32890 Barbadás.

Credencial: 46540.

Juan José Valencia Bermúdez.

Río Arnoia, 19-3º, 32001 Ourense.

Credencial: 47472.

Yanet Fernández Lois.

Rúa Zurbarán, 2, 2º B, 32002 Ourense.

Credencial: 52048.