A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de Biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos Biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
3. Data: do 29 ao 31 de maio de 2014.
4. Lugar de celebración: Autoescuela Oza, avda. Casanova de Eirís, nº 29, baixo, 15009 A Coruña.
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos Biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.
9. Programa:
Día 29.5.2014 |
|
10.00-11.00 h |
Introdución. Lexislación. |
11.00-13.00 h |
Praguicidas. Descrición e xeneralidades. |
13.00-14.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
16.00-17.30 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
17.30-19.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 30.5.2014 |
|
10.00-11.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
11.00-12.30 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
12.30-14.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
16.00-17.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
17.00-19.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 31.5.2014 |
|
10.00-11.30 h |
Métodos de loita antivectorial. |
11.30-12.30 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
12.30-14.00 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
16.00-17.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
17.00-18.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
18.00-19.00 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente ao que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de Biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: do 29 ao 31 de maio de 2014.
Lugar de celebración do curso: Autoescuela Oza, avda. Casanova de Eirís, nº 29, baixo, 15009 A Coruña.
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 22 de maio de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, e-mail saneacontrol@sanea.org
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome: |
Apelidos: |
|||||
Cargo/actividade desempeñada: |
||||||
Empresa: |
Sector actividade: |
|||||
Enderezo: |
CP: |
|||||
Localidade: |
Provincia: |
|||||
Teléfono: |
Fax: |
E-mail: |