Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno con data do 9.5.2014, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Verín, 9 de maio de 2014

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde