Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21571

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos/das seus/súas membros, e dispón no seu parágrafo 1 que os/as membros serán nomeados e cesados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o/a elixiu, esta deberá comunicarlle, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18 de febreiro de 2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu consello reitor, que asume desde a súa constitución as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese como membro titular do Pleno do Consello do Turismo de Galicia José Luis López González.

Segundo. Nomear membro titular do Pleno do Consello do Turismo de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 3.1.c) parágrafo 7, a Jesús Francisco Ares Vázquez.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia