1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.
2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfono: 981 54 49 86.
5º. Telefax: 981 54 47 91.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/ (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).
2. Obxecto de cada contrato:
a) Descrición do obxecto: subministración e adecuación de barreiras metálicas e terminais nas provincias da Coruña e Lugo.
Clave do expediente: GA/14/029.06. (S/005/2014).
Orzamento base de licitación: 101.227,83 euros (IVE excluído). IVE: 21.257,84 euros. Importe total: 122.485,67 euros.
Prazo de entrega/instalación: 6 meses
Lugar de entrega: segundo o especificado no punto N do cadro de características.
CPV (referencia de nomenclatura): 34928000-8.
División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.
Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20487 (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).
b) Descrición do obxecto: subministración e adecuación de barreiras metálicas e terminais nas provincias de Ourense e Pontevedra.
Clave do expediente: GA/14/030.06. (S/006/2014).
Orzamento base de licitación: 100.823,23 euros (IVE excluído). IVE: 21.172,88 euros. Importe total: 121.996,11 euros.
Prazo de entrega/instalación: 6 meses.
Lugar de entrega: segundo o especificado no punto N do cadro de características.
CPV (referencia de nomenclatura): 34928000-8.
División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.
Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20490 (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación do único criterio de valoración (prezo).
4. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de adxudicación (sen IVE). Ver punto I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:
a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.
b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.
c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.
c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
7. Apertura de sobre B: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B reflictirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.
8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.
10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014
Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas