Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 30 de abril de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición interposto por Ubaldo Rivas Romero.

Con data do 8 de abril de 2014, o director xeral da Función Pública ditou resolución no que atinxe ao recurso de reposición formulado por Ubaldo Rivas Romero contra a Resolución do 27 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2013.

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado, tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Ubaldo Rivas Romero a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública