Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia, por mor dunha infracción non emendable, do procedemento aberto para a contratación do servizo de depósito, custodia e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa galego de detección precoz do cancro de mama (AB-CON1-14-003).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a desistencia, por mor dunha infracción non emendable, do procedemento aberto anunciado pola Resolución do 21 de marzo de 2014 da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 70, do 10 de abril, BOE núm. 89, do 12 de abril, e DOUE núm. 2014/S 063-107386, do 29 de marzo), tramitado para a contratación do servizo de depósito, custodia e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa galego de detección precoz do cancro de mama (expediente AB-CON1-14-003).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde do 3.7.2019)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos