Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación dun servizo de limpeza e mantemento do edificio da sede do Valedor do Pobo.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Valedor do Pobo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Valedor do Pobo.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Valedor do Pobo.

2. Domicilio: rúa Hórreo, 65.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

4. Teléfono: + 34 981 56 97 40.

5. Telefax: + 34 981 57 23 35.

6. Correo electrónico: valedor@valedordopobo.com

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20399

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: VP-1/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo.

b) Descrición: servizo de limpeza e mantemento do edificio da sede do Valedor do Pobo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva.

d) Lugar de execución/entrega: edificio da sede do Valedor do Pobo.

1. Domicilio: rúa Hórreo, 65.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

e) Prazo de execución/entrega: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 5070000 e 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 16 do cadro de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 475.700,64 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 475.700,6 euros.

Importe total: 575.597,76 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A e

grupo P, subgrupos 1, 2 e 3, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: non se require ao exixirse clasificación.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 26.5.2014, ás 14.00 horas, excepto que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na epígrafe c deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o +34 981 57 23 35.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Rexistro do Valedor do Pobo.

2. Domicilio: rúa Hórreo 65.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: terá lugar en acto público na biblioteca do edificio da sede do Valedor do Pobo.

b) Enderezo: rúa Hórreo, 65.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

d) Data e hora: a que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de abril de 2014.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014

José Julio Fernández Rodríguez
Valedor do Pobo en funcións