Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico.

Aprobado inicialmente o Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ribadeo (PEPRICH), que afecta a delimitación do núcleo histórico declarado como BIC polo Decreto 266/2004, do 11 de novembro, coa categoría de conxunto histórico (DOG nº 226, do 19 de novembro), por Resolución da Alcaldía, do 15 de abril de 2014, de conformidade co artigo 86.1 a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas de obra no ámbito de delimitación cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, que en ningún caso afectarán as obras menores, de reparación ou arranxos sen alteración de superficie ou volume.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Ribadeo, 16 de abril de 2014

Fernando Suárez Barcia
Alcalde