Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, do contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da actuación Vía Ártabra, treito N-VI – AP-9, de clave AC/04/156.01.4.1. AT/011/2014.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: + 981 54 49 86.

5) Telefax: + 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20455

7) Data límite de obtención da documentación e información: 13 de xuño de 2014.

d) Número de expediente: AC/04/156.01.4.1. (AT/011/2014).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da actuación Vía Ártabra, treito N-VI – AP-9.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Localidade e código postal: A Coruña.

e) Prazo de execución: 18 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71311210-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 438.697,54 €, sen IVE. IVE 92.126,48 €.

5. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación de ofertas: 13 de xuño de 2014.

b) Modalidade de presentación:

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20455 con tres días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de maio de 2014.

11. Outras informacións:

a) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

b) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/o referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e o parágrafo 6.2 do prego de prescricións técnicas particulares.

c) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Información complementaria: tipo de poder adxudicador: administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

e) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A), segundo se especifica no 3.6 Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (oferta técnica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20455, con tres días hábiles de antelación á realización do acto público.

A apertura do sobre C (proposición económica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20455, con tres días hábiles de antelación á realización do acto público.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflictirase a nova data no perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20455

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas