Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21116

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de maio de 2014 pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes de axuda establecidas na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014.

A Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014, establece no seu artigo 24, para a convocatoria do ano 2014, un prazo de presentación de solicitudes de axuda que remata o vindeiro 10 de maio.

E ante as peticións dos representantes dos plans colectivos que elaboran os diferentes plans de reestruturación e reconversión da viña para que se amplíe o dito prazo de presentación de solicitudes deste ano, cómpre amplialo ata o 24 de maio de 2014.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

A data de presentación da solicitude da axuda para o ano 2014 establecida na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014, que inicialmente figura ata o 10 de maio, amplíase ata o 24 de maio de 2014, inclusive.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar