Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de investigación para o desenvolvemento de solucións que permitan a incorporación aos protocolos hospitalarios de oncoloxía de tecnoloxías innovadoras no ámbito da medicina personalizada, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto 13: transferencia e difusión de resultados. Cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 03. Modalidade de compra pública precomercial Innova Summa (AB-SER1-14-032).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-032.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo de investigación e desenvolvemento.

b) Descrición: servizo de investigación para o desenvolvemento de solucións que permitan a incorporación aos protocolos hospitalarios de oncoloxía de tecnoloxías innovadoras no ámbito da medicina personalizada, dentro do proxecto Innova Saúde.

c) División por lotes: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38970000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

• Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-90

1. Adecuación á necesidade detectada e calidade científico-técnica da proposta

0-30

Nivel de adecuación á necesidade exposta.

0-7.5

Calidade científica da proposta.

0-7.5

Calidade técnica da solución proposta.

0-7.5

Adecuación da solución proposta ao ámbito clínico.

0-7.5

2. Impacto sobre o manexo clínico e resultados en saúde no Servizo Galego de Saúde

0-30

Contribución o cambio de manexo do paciente.

0-7.5

Incremento na función saúde da poboación.

0-7.5

Cambios nos procesos organizativos e protocolos clínicos que se producirían coa introdución da solución, encamiñados á eficiencia do proceso de atención.

0-7.5

Capacidade da proposta de xerar aforros de custos globais no proceso de atención.

0-7.5

3. Plan de investigación e xestión de proxecto

0-15

Nivel de definición e adecuación de obxectivos, fitos e criterios de éxito.

0-3

Identificación de limitacións e riscos e adecuación do plan de riscos

0-3

Equipo de traballo: configuración e identificación e asignación de recursos necesarios.

0-3

Calidade metodolóxica.

0-3

Adecuación do tamaño da mostra

0-3

4. Aliñación co plan de prioridades sanitarias 2011-2014 do Servizo Galego de Saúde: patoloxía obxectivo da proposta

0-10

A repartición de puntuación realizarase asignando 10 puntos ás propostas relacionadas co cancro de pulmón, 8 puntos ás relacionadas co cancro de colon, 6 puntos nas relacionadas co cancro de mama e 2 puntos ao resto.

0-10

5. Plan de comercialización

0-5

Nivel de definición do modelo de negocio

0-2.5

Nivel de definición e adecuación do estudo de viabilidade

0-2.5

• Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-10

1. Oferta económica total (suma de fase 1, 2 e 3)

0-2

2. Porcentaxe do valor neto dos ingresos obtidos pola explotación do resultado do servizo de I+D obxecto do presente contrato que percibirá o Servizo Galego de Saúde

0-4

3. Cantidade do valor neto dos ingresos obtidos pola explotación do resultado do servizo I+D obxecto do presente contrato que percibirá o Servizo Galego de Saúde

0-4

Ver cláusulas 8.2.3.1 e 8.3.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 496.120 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 496.120 euros. Importe total: 600.305,60 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: non.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.4.2 e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trinta días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver prego de compra pública precomercial e de especificacións funcionais.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos