Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de abril de 2014

P.V. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

José Benito Maneiro Pouso

IN635A 2013/277-1

Resolución

Noia

Salsa Santa Cristina, S.L.

IN635A 2014/13-1

Requirimento

Oleiros

Restaurante La de Jozelillo

IN635B 2013/10-1

Resolución

Santiago de Compostela

Promociones Inmobiliarias Pórtico Vella Vista, S.L.

IN635B 2014/19-1

Resolución

Betanzos