Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2014/13).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente,17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT e RBT Prado (Papucín-Frades).

Situación: concello de Frades.

Características técnicas:

– LMT aérea a CT Prado.

Inicio liña (UTM): apoio existente de tipo HV-13/1.000 correspondente ao CT Vimieiro (expediente 51.976) (UTM: 558.840; 4.769.400).

Final liña (UTM): CT Prado proxectado (UTM: 558.468; 4.769.792).

Lonxitude: 542 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: LA-56.

Tensión nominal: 20 kV.

– CT Prado.

Tipo: intemperie sobre apoio de formigón.

Potencia: 100 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

– Enlace RBT aérea do novo CT Prado.

Orixe: CT Prado proxectado.

Lonxitude: 14 metros.

Condutores: RZ-0,6/1 kV-3×95 Al + 54.6 Alm.

Nº circuítos: 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 7 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial