Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 24 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-IN 3/2013.

Notifícase a Guillermo Bascoy Vence, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións (RCL 1992/2512), que tras intentar infrutuosamente a notificación ao interesado no seu último enderezo coñecido radicado na avenida Rosalía de Castro, nº 30, 5º, Milladoiro, Ames (A Coruña) la proposta de resolución do expediente sancionador OU-IN 3/2013 por realizar revisións periódicas de gas butano, carecendo da pertinente habilitación.

O interesado dispón dun prazo de quince días hábiles para presentar alegacións e propoñer e/ou achegar proba. No caso contrario, o oficio da proposta adquirirá o carácter de resolución. Poderá tomar vista do expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1-5º planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 24 de abril de 2014

Alfonso T. Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense