Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 23 de abril de 2014 polo que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se aproba a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/das interesados/as que se indican no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos, no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes referida.

Os/as interesados/as poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os/as interesados/as comparezan, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 23 de abril de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Diego Arias García.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Laura Bremón Ortega.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.