Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014 de modificación das datas límite de presentación de ofertas e de apertura de sobre B previstas na Resolución do 8 de abril de 2014 pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para o Laboratorio de sanidade e produción animal de Galicia e outros, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada (expediente 2/2014).

O luns 21 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia a devandita resolución.

Detectado un erro material no prego de prescricións técnicas (páxina 43), que afecta un dos produtos do lote 11, concretamente o produto 2 BBL caldo MGIT tubos de 7ML ou similar, corríxense as cifras, no sentido seguinte:

Onde di:

«Núm. unidades de consumo estimadas totais (4 anualidades): 8.000.

Prezo máximo unitario (sen IVE): 4,96 €.»

Debe dicir:

«Núm. unidades de consumo estimadas totais (4 anualidades): 6.400.

Prezo máximo unitario (sen IVE): 6,20 €.»

Esas correccións non afectan o importe total do orzamento do contrato.

Á vista do sinalado, por resolución do órgano de contratación do 29 de abril de 2014, acórdase:

1. Rectificar o erro e aprobar o prego de prescricións técnicas coas cantidades arriba indicadas.

2. Ordenar a publicación da corrección no perfil do contratante, no DOUE, BOE e DOG.

3. Ampliar o prazo de presentación de proposicións ata o 27 de maio de 2014. En consecuencia, modifícase o punto «apertura de ofertas» do anuncio anterior, que queda como segue:

Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 6 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar