Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 46/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3º. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

4º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

5º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 46/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Albergue Xuvenil Area, praia de Area, 27850 Viveiro.

Albergue Xuvenil Benigno Quiroga, avda. de Sarria, 20, 27178 Portomarín.

Campamento Xuvenil Os Chacotes, 27200 Palas de Rei.

Campamento Xuvenil A Devesa, 27700 A Devesa, Ribadeo.

e) Prazo de execución: do 17 de xuño ao 3 de setembro.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55100000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 203.664,55 € IVE (10 %): 20.366,45 €. Importe total: 224.031,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 25 de abril de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo