Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2014/10).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo,171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS CTC rúa Alcalde Juan Seijas, 8-10.

Situación: concello de Carral.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,300 km, con orixe nos empalmes proxectados que se van realizar na LMTS RAL-706, no tramo entre o CT Alto do Castro (expte.: 45/2011) e o CT O Paraíso (expte.: 4/2006) en condutor RHZ1-20L-12/20 kV-3 (1×240) Al e final no centro de transformación rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8-10, proxectado.

– Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 8 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial