Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANP-CO-0144/2013-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos procedementos ANP-CO-0144/2013-V, ANP-PO-0159/2013-V e ANI-PO-060/2013.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 11 de abril 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0144/2013-V.

Interesado: Hristo Corzo Vázquez.

Acto de notificación: resolución procedemento.

Último enderezo coñecido: Paseo de Ronda, 15, esc. 1, 2º A, 15011 A Coruña.

Expediente: ANP-PO-159/2013.

Interesado: Valentín González Pérez.

Acto de notificación: resolución procedemento.

Último enderezo coñecido: Sanjurjo Badía, 40, 3º A, 36207 Vigo (Pontevedra).

Expediente: ANI-PO-0060/2013.

Interesada: Mª Victoria Gómez Reboiro.

Acto de notificación: resolución procedemento.

Último enderezo coñecido: Pastora, 43, baixo 2, 36210 Vigo (Pontevedra).