Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20533

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle da rúa número 3 As Lagoas (rúa José López Cortizo).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 24.1.2014, adoptou acordo de aprobación inicial do estudo de detalle na rúa nº 3 das Lagoas (rúa José López Cortizo), redactado polos servizos técnicos municipais do 17.8.2013.

O dito acordo faise público en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, para os efectos da apertura dun prazo de información pública de vinte días mediante publicación do anuncio no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Bueu, 10 de marzo de 2014

Félix Juncal Novas
Alcalde