Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20529

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para a implantación dun equipamento relixioso en Sela (Barcela).

Por Acordo plenario do 29 de marzo de 2014 prestouse aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para a implantación dun equipamento relixioso no lugar de Sela, parroquia de Barcela, que se publica para os efectos previstos no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Acordo plenario de aprobación definitiva:

2. Aprobación definitiva, se procede, do Plan especial de dotacións para a implantación dun equipamento relixioso no lugar de Sela, parroquia de Barcela.

Tras o debate, e ao non existir unha segunda quenda de intervencións, procédese á votación deste punto da orde do día e queda aprobado por unanimidade dos asistentes o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial para equipamento relixioso (capela e locais sociais), promovido pola Diocese de Tui-Vigo e redactado pola arquitecta Mónica Parada Vázquez, o cal foi aprobado provisionalmente en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 25 de xaneiro de 2014 e conta con informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 5 de marzo de 2014.

Segundo. O plan especial, en virtude do artigo 92 da LOUGA, terá vixencia indefinida, sen prexuízo da súa modificación e revisión.

Terceiro. Este acordo de aprobación definitiva será publicado, no prazo dun mes desde a adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas será publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á consellería tal e como se establece no punto cuarto deste acordo.

Cuarto. Como a competencia para a aprobación definitiva do plan especial lle corresponde ao Concello de Arbo, a aprobación definitiva será comunicada á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, á vez que se dará traslado dunha copia autentificada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan especial, debidamente dilixenciados pola Secretaría do concello, facendo constar a dita circunstancia.

Quinto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento do disposto no artigo 92 da LOUGA e o que dispoña para efectos a lexislación reguladora da Administración actuante. Neste sentido, o artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sinala que o articulado das normas dos plans urbanísticos, así como os acordos correspondentes aos ditos plans urbanísticos onde a aprobación definitiva sexa competencia dos entes locais, serán publicados no BOP e non entrarán en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da propia lei (quince días hábiles)».

Por outro lado, e tal como está establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dáse conta tamén neste anuncio de que o citado proxecto foi remitido a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra o presente acordo, conforme o previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e dado que os plans especiais foron aprobados definitivamente nunha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Arbo, 10 de abril de 2014

Xavier Simón Fernández
Alcalde