Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20553

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello de Ribadumia nesta deputación para que exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo de débedas.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de marzo de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Ribadumia, por Acordo do Pleno, do 3 de novembro de 2011, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción da normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria e das ordenanzas municipais de circulación.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 1 de abril de 2014

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
      Presidente da Deputación Secretario da Deputación
       Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra