Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 21 de abril de 2014 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente CJ982T 2003/13-0.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director de Competividade da Axencia Turismo de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Turismo de Galicia, sita na praza de Mazarelos, nº 15 (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: CJ982T 2003/13-0.

Interesada: Pazo do Rilo, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio de reintegro de subvención.