De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 15 de abril de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-RI-0220/2014-PPM.
Persoa interesada: Jaime Romero Fernández.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Escarabote, 9, Lampón, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0222/2014-PPM.
Persoa interesada: Marcos López Silva.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Estrada do Peirao, 14, Escarabote, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0211/2014-PPM.
Persoa interesada: Santiago Beltrán Domínguez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Rianxiño, 26, 2º, Rianxo.
Expediente: PSC-RI-0197/2014-PPM.
Persoa interesada: Daría Suárez López.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Cimadevila, 95, Edif. A Costa, portal 1, 2º H, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0215/2014-PPM.
Persoa interesada: Héctor Manuel Sobradelo Modelo.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Ures, 24, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0212/2014-PPM.
Persoa interesada: Isabel Posada Fernández.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa A Igrexa, 29, Taragoña, Rianxo.
Expediente: PSC-RI-0214/2014-PPM.
Persoa interesada: Alberto Pantín Bosch.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Loureiro, 70, 1º B, Rianxo.
Expediente: PSC-RI-0208/2014-PPM.
Persoa interesada: Alfonso José Varela Somoza.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Escarabote, 61, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0210/2014-PPM.
Persoa interesada: Juan José Rodríguez Pérez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Neira de Mosquera, 1, 3º, Santiago de Compostela.