Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde en fase de execución da obra da fase I do Plan director H2050 do Complexo Hospitalario de Ourense no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050, cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder, fondo tecnolóxico 2007-2013 (AB-SER3-13-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-13-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo para dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde en fase de execución da obra da fase I do Plan director H2050 do Complexo Hospitalario de Ourense no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050 (cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder, fondo tecnolóxico 2007-2013).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE S 163, do 23 de agosto, Boletín Oficial del Estado núm. 224, do 18 de setembro, Diario Oficial de Galicia núm. 170, do 6 de setembro 2013 e na páxina web do Servizo Galego de Saúde o 26 de agosto de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto

4. Valor estimado do contrato: 1.016.377,71 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.016.377,71 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 1.229.817,03 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 7.4.2014.

c) Contratista: UTE Hospital Chuo 2050 (Aidhos Arquitec, SAP + GOC, S.A.).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 841.052,56 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 1.017.673,60 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos